Thursday 16 de May de 2024

O Concello habilita un cambio de sentido no sector norte de Eugenio Carré Aldao, para mellorar a circulación nas rúas interiores do barrio dos Mallos


Hoxe remataron os traballos de sinalización e pintado no treito afectado, que pasa a estar disposto en sentido de subida desde a avenida dos Mallos cara á rúa Sofía Casanova

A medida dá resposta a unha solicitude da veciñanza

O Concello da Coruña, a través da Área de Economía e Planificación Urbana, acometeu esta mañá os traballos de sinalización e pintado correspondentes ao cambio de sentido no treito da rúa Eugenio Carré Aldao que conecta a avenida dos Mallos con Sofía Casanova.

A intervención, promovida polo Servizo municipal de Mobilidade co obxectivo de dar resposta a unha solicitude da veciñanza do barrio, ten como principal finalidade mellorar a fluidez dacirculación do tráfico rodado nas rúas interiores do barrio, con especial fincapé no percorrido da avenida dos Mallos en dirección ao cruzamento coa rolda de Outeiro.

Para simplificar e desconxestionar este treito, o Concello optou por dar luz verde a un cambio de sentido no sector norte de Eugenio Carré Aldao, que anteriormente conectaba a rúa Sofía Casanova coa avenida dos Mallos en sentido de baixada. Desde hoxe, xoves 1 de febreiro, será á inversa: a circulación neste treito pasará a estar habilitada en sentido de subida desde a avenida dos Mallos e cara á intersección con Sofía Casanova, unha medida avaliada previamente polo Centro Integral de Mobilidade (CiMob) e sustentada polos seus informes.

Cómpre lembrar que o sentido de circulación no sector sur de Eugenio Carré Aldao, o que vaidesde a propia avenida dos Mallos en dirección á rúa San Vicente, manterase como ataagora, en sentido de baixada cara á propia rúa San Vicente. Por outra banda, a conexión da rúa Sofía Casanova cara á avenida dos Mallos manterase pola rúa Noia.

Ademais, coa idea de facilitar a circulación do tráfico rodado na zona tras a posta en marcha desta medida, está previsto un reforzo de efectivos da Policía Local na contorna, que se manterá vixente nos vindeiros días.